1. Define funcións vitais: As funcións vitais son as actividades que realizan os seres vivos e que os diferencian das cousas non vivas.
2.Explica brevemente as 3 funcións vitais:
A función de nutrición permite aos seres vivos tomar substancias da contorna e utilizalas para obter enerxía, medrar e reparar o seu corpo.
A función de relación permítelles aos seres vivos captar información da contorna e reaccionar ante ela.
A función de reprodución permítelles aos seres vivos producir novos seres vivos (descendentes) con características iguais ou moi parecidas ás súas.
3. tipos de nutrición: Segundo a súa forma de nutrirse ou, o que é o mesmo, de obter enerxía e materiais, os seres vivos poden ser: heterótrofos o autótrofos.
4. tipos de reprodución: Existen dous tipos de reprodución: a asexual e a sexual (precisan dos dous proxenitores para reproducirse).
5. Define célula: Unha célula é unha estrutura de tamaño moi pequeno capaz de realizar as tres funcións vitais.
6. Partes da célula: Todas as células teñen:
- A membrana: é unha capa que separa o interior da célula do exterior.
- O interior celular: nel atópanse miles de substancias e pequenas estruturas flotando nun líquido espeso chamado citoplasma.
8. Clasificación dos seres vivos segundo o número de células.
Unicelulares (baterias e protozoos e pluricelulares plantas e animais.
9. Cales son os cinco reinos
10. Características dos animais:
- Estamos formados por moitas células e de distintos tipos.
- O noso corpo ten partes especializadas en realizar distintas funcións vitais.
- Temos nutrición heterótrofa; é dicir, alimentámonos doutros seres vivos.
- Podemos movernos.
- 11. Define invertebrados: Os invertebrados son os animais que non teñen un esqueleto interno con columna vertebral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario