miércoles, 25 de marzo de 2026

lunes, 16 de marzo de 2026

miércoles, 11 de marzo de 2026

Cadena alimentaria


 

Os ecosistemas


 

REPASO SOCI TEMA 3

 1. Cita as diferenzas entre barrio antigo e moderno.

Antigo: Está no centro da cidade, rúas estreitas, construidos hai moito tempo, edificios baixos e con monumentos importantes.

Modernos: Están nos arredores, rúas anchas, edificios novos e altos.


2. Cita as principais características das aldeas e das cidades.

Aldeas: localidades pequenas, os habitantes adoitan coñecerse entre si, os habitantes traballan no campo, mar,... edificios baixos, transporte individual (o seu propio coche).

Cidades: Edificios de moita altura, os habitantes non se coñecen entre si, rúas longas e anchas, transporte individual e público, hai centros comerciais, fábricas, hospitais,...


3. Escribe 3 elementos visibles e 3 ocultos.

Visibles: semáforos, bancos, testos, caixa de correos, sinais de tráficos, paso de peóns, farois, ...

Ocultos: canalizacións de gas, rede de sumidoiros, cables de electricidade.


4. Define:

- pasaxeiros: persoas que viaxan nun vehículo sen conducilo.

- conductores: persoas que conducen o dirixen un vehículo.

- péons: persoas que van a pé pola vía pública.


5. Completa




6. Cal é a lei máis importante de España?

A Constitución.


7. Contesta.

Quen é o  xefe de Estado?

O rei. 

Que forma o Goberno Central?

O presidente ou presidenta do Goberno e as ministras e os ministros.

Quenes forma as Cortes Xerais?

Dúas cámaras, o Congreso e o Senado. 

Por quen están formados os tribunais de Xustiza?

Xuízas e xuíces, e maxistrados e maxistradas.

Cantas provincias ten España?

50

Cantas comunidades autónomas ten España?

17

Cantos paises hai na Unión Europea?

27

Cantos paises hai no continente Europeo?

50

jueves, 5 de marzo de 2026

lunes, 2 de marzo de 2026

La división

 


O CONCELLO E OS SERVIZOS MUNICIPAIS

O CONCELLO

O concello é o conxunto de persoas que gobernan e organizan as localidades dun municipio. Está formado por a alcaldesa/alcalde e as concelleiras/concelleiros.

Son elexidos cada catro ano polas persoas que habitan no municipio a través das votacións. 

Fases das eleccións

1. Campaña electoral

2. Votacións nas urnas

3. Reconto de votos

4. Formación de goberno

 

OS SERVIZOS MUNICIPAIS

- Servizos sociais: Para atender a todas as persoas que o necesitan.

- Sanidade e consumo: Coida da nosa saúde e controla os productos que consumimos.

- Educación, cultura e deporte:  Ofrece cursos, festas, actividades deportivas e culturais.

- Mobilidade, transporte e seguridade: organiza o tráfico e garante a seguridade nas rúas.

 - Urbanismo e conservación: Mantemento de parques, xardíns, mobiliario urbano e rúas. 

- Limpeza: Mantén limpas as rúas e recolle os lixos.