lunes, 20 de octubre de 2025

Repasamos a última parte do tema 1 de natu

 11. Que é unha conclusión?

Unha conclusión é unha explicación dos datos que obtivemos.

12. Que facemos si a conclusión é correcta? E se é incorrecta?

As conclusións permítennos comprobar se a nosa hipótese é correcta ou non. Se a hipótese é correcta, comunicamos os resultados da nosa investigación. Se non é correcta, debemos pensar noutra hipótese e volver a comprobala con experimentos ou observacións.

13. Que significa difundir a nosa investigación?

Difundir ou comunicar a investigación é dar a coñecer a todo o mundo os nosos resultados e conclusións. 

14. Que empregamos para resolver problemas complexos?

O pensamento computacional.

15. Cales son as técnicas máis empregadas no pensamento computacional?

As técnicas de pensamento computacional que máis se utilizan son as seguintes: descompoñer, abstraer, codificar, recoñecer patróns, crear algoritmos e comprobar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario