jueves, 16 de octubre de 2025

Seguimos co repaso de naturais do tema 1

 6. Que é unha hipótese?

Unha hipótese é unha posible resposta a unha pregunta científica. 


7. Que podemos facer para comprobar unha hipótese?

Cando formulamos unha hipótese e non sabemos se é correcta ou incorrecta temos que comprobala realizando experimentos ou observacións.

Para comprobar as hipóteses, unhas veces realízanse experimentos no laboratorio, outras fanse observacións no campo.


8. Que son os datos?

Os datos son as informacións que obtemos observando ou experimentando.


9. Que tipo de datos existen?

• Os datos numéricos. Son datos que se expresan con números. Por exemplo: número de flores que ten unha planta, a temperatura dun líquido, o peso dun delfín. 

 • As observacións. Son datos que recollemos directamente a través da vista, do oído ou doutros sentidos. 

 • Os rexistros audiovisuais. Son as fotografías, os vídeos, os audios, etc. Por exemplo, unha gravación dos sons dos golfiños ou das baleas.


10. Que instrumentos empregamos para obter os distintos tipos de datos?

Para conseguir datos numéricos ás veces temos que empregar instrumentos de medida como os termómetros, balanzas, recipientes medidores,...

Para as observacións podemos utilizar instrumentos especiais como os prismáticos (para ver animais afastados), a lupa, o microscopio (para ver cousas moi pequenas), etc.


Para os rexistros audiovisuais podemos empregar unha gravadora de sons, unha cámara fotográfica ou una cámara de vídeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario